lunes, 14 de julio de 2014

Presentación da candidatura en Compostela ao Congreso Provincial do PSdeG (Por Cristina Pedreira González)

Compañeiros e compañeiras:


Vivimos tempos de cambio no noso partido, aínda que ben é certo que non porque os buscásemos, senón porque a cidadanía foinos retirando o apoio que nos viña dando ao longo dos anos.


Levamos moitas xuntanzas, formais e informais, e moitas horas de debate pensando en por qué, elección tras elección, estamos a perder votos; e neste senso xa temos escoitado todo tipo de xustificacións, mais ou menos acertadas.


O certo é que se non nos votaron é porque se rompeu a confianza entre as nosas siglas e a cidadanía; unha ruptura que ten como referente a persoas que cada día teñen que afrontar un escenario social, económico e político mais decepciónante e menos esperanzador.


A xente xa non ve en nos a forza do cambio social, nin a resposta aos atropelos que cada día sofren os mais débiles. Xa non ve aos defensores da igualdade nin aos promotores da inclusión social e política. E sobre todo, xa non nos ve como un partido aberto á sociedade senón como unha estrutura pechada que so trata de perpetuarse no poder.


Nembargante, seguimos sendo socialistas e, como tales, temos que retomar o camiño que hai 130 anos botamos a andar para estar ao lado dos que menos teñen e dos mais o precisan.


Ser socialista hoxe significa coma sempre apostar polo público, apostar polas políticas sociais, apostar polos piares do benestar, apostar por unha fiscalidade progresiva e redistributiva, pero xa non basta con iso; a cidadanía esíxenos hoxe unha ética cívica nova, asentada na transparencia, na rendición de contas e na asunción de responsabilidades; e isto tamén é ser socialista.


Por iso xa non nos basta con ampararnos na corrección dos procesos administrativos nin no formalismo legal. A sociedade esíxenos mais, e os nosos militantes tamén.


As cousas non se están a facer ben, e creo que ten chegado o momento do cambio tamén en Santiago. E por iso, tamén, téñome animado a presentar con outros compañeiros e compañeiras unha candidatura plural, incluínte, diversa e integradora, é unha candidatura alternativa que quere contribuír ao cambio no socialismo compostelán, galego e español, non é unha candidatura de apoio a ningún candidato, é unha candidatura de elección de delegados/as ao Congreso Provincial.

O cambio do PSOE está asegurado porque o proceso de cambio xa comezou, non se trata xa dunha promesa, é unha realidade, é a realidade na que nos movemos, a transformación do partido xa está en marcha.


Temos que abordar este proxecto de renovación dunha maneira profunda, que responda ás necesidades e demandas dunha maioría social que se atopa sen referentes e que quere sentirse protagonista do seu futuro e o do seu partido, un partido no que as persoas que militan recuperen o poder que lles pertence.


Temos que volver a ser o instrumento da cidadanía progresista deste país, e esta tense que volver a sentir centro das nosas prioridades á hora de escribir o noso argumentario. 

O cambio no PSOE está en marcha compañeiros e compañeiras. Non é un cambio de principios o que nos pide a sociedade; é un cambio de persoas e de formas, de maneira de facelas cousas. E se non abordamos estes cambios, serán os cidadáns os que busquen outros representantes.


E por esta razón as persoas que integramos esta candidatura ao congreso provincial, estamos encadrados na maior parte, na base do partido.


Temos que volver a gañar a rúa apoiándonos nun discurso de esquerdas, republicanista e laico, temos que volver a gañar a rúa da man dos movementos sociais, temos que volver a gañar, compañeiros, cunha proposta na que se vexan reflexados e partícipes os traballadores e as traballadoras, os cidadans e as cidadás das vilas e das cidades que se están a quedar sen servizos básicos; unha proposta de igualdade que integre as persoas xubiladas, o estudantado, ás familias... pero para isto temos que traballar xuntos, traballar a reo, abrindo espazos reais de participación; e facelo dende o respecto ás persoas que militamos nesta organización, igual se teñen tres meses de militancia ou trinta anos; porque esta é a única fórmula de gañarnos o respecto da cidadanía.


Non quero rematar se informarvos das persoas ás que acompañei nesta lista, ningunha necesaria e todas imprescindible, coma todos vos que me estades a ler:


TITULARES

1. CRISTINA PEDREIRA GONZALEZ 
2. FERNANDO PELETEIRO FERNANDEZ 
3. MARIA PEREIRA LOPEZ 
4. JORGE EXPOSITO ALCOCER 
5. ROSARIO VAZQUEZ LOPEZ 
6. ANTON VARELA TOURON 
7. Mª DE LA LANZADA CALATAYUD ALVAREZ 
8. CARLOS RUBEN LOPEZ DE SANDE 
9. ELISABET CABEZA ROMERO 
10. CARLOS ENCISA DE SA 
11. Mª LUZ LOMBERA MORET 
12. JOSE FRANCISCO PREGO PAZ 
13. UXIA LUGILDE SANTOS 
14. ALEJANDRO GESTO LOURO 
15. ROSARIO VALLEDOR PUENTE 
16. ANTONIO F. RIAL SANCHEZ 
17. MAR MARTIN GARCIA 
18. JOSE RAMON SANDE VEIGA 
19. MERCEDES ROSON FERREIRO 
20. CASTO VARELA GESTO 

SUPLENTES

1. IDOIA CAMIRUAGA OSES 
2. MARTIN BELLON MENDEZ 
3. BEATRIZ CEBREIRO LOPEZ 
4. JAVIER GARBAYO MONTABES 
5. MARIA BARBEIRA LOPEZ 
6. BOLIVAR IGLESIAS SALVANDE 
7. LAURA REQUEJO GONZALEZ 


GRACIAS A TODAS E TODOS!!!!!!

 

Asinado: Cristina Pedreira González